Home Sons da Lameira

Próximos eventos

Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet
Sons da Lameira PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Jose Minas   
Sábado, 14 Xuño 2008 19:24

O Festival Sons da Lameira nace como consecuencia da necesidade de ampliar a oferta cultural que se desenvolve na parroquia durante os meses do verán. Este festival constitue un claro exemplo de que a xuventude pode ter e levar a bo término iniciativas culturais de grande interese para a cidadanía en xeral, dunha maneira coordinada e seria.

 www.sonsdalameira.com

 

 


 

 

Obxectivos do festival

Sempre que un grupo de persoas se decide a promover e organizar un evento das características do Sons da Lameira debe ter claros os obxectivos que impulsan a facer que dito evento sexa posible. Nós pretendemos con este festival:
  • A divulgación da cultura no noso entorno
  • Dar a coñecer a parroquia de Matamá no panorama musical do País como organizadores dun evento de elevada calidade.
  • O fomento da participación da xuventude na organización dun evento cultural.

Historia

A primeira edición do festival Sons da Lameira tivo lugar os días 20, 21 e 22 de xullo de 2007 no torreiro da festa de Matamá (Vigo) tratando de mediante a unión de esforzos das dúas asociacións presentar unha oferta cultural máis completa aunando música folc de gran calidade, música rock e activades para todas as idades.

A organización

O festival "Sons da Lameira" xurde do traballo conxunto desenvolvido polo "Colectivo Cultural Alternativo Malaherba" e da "Asociación Xuvenil de Actividades de Ocio de Matamá". Ambalas dúas constituidas por xóvenes con ampla experiencia na organización de eventos destas características, como por exemplo o Matamáfolc, Matamá Rock, Teima Rock, etc.

 

Modificado o Mércores, 20 Maio 2009 14:24