|
A sexta edición do Matamáfolc terá lugar o día 18 de xullo a partires das 22:00 h no Torreiro da festa de Matamá dentro da programación do II Festival “Sons da Lameira”, contando coas actuacións de: Nace o grupo a finais de 1994 coa idea de mesturar temas cantados co repertorio de gaiteiros solistas, conseguindo naquel momento unha formación nova e orixinal coa que Os Carunchos participan nos máis importantes festivais folk do país. Gaita solista, percusións varias, polifonía nas voces e o acompañamento da zanfona, xunto con vellas e novas cantigas tan que os directos de Os Carunchos sexan unha verdadeira testa chea de forza e diversión. No ano 1998 grava o seu primeiro CD que leva por nome "¡Ala, que vai!" . A este traballo ségueno a edición de "Sen tempo non era" en 2002 e "Montealegre" en 2005. En todos eles amósase unha clara aposta pola nosa cultura, pola nosa lingua e polos nosos instrumentos, rescatando vellas cantigas da tradición oral e introducindo novas composicións para o xa extenso repertorio da música galega.
En todos estes anos comparten escenario cos máis importantes grupos de música galega: Na Lúa, Leilía, Berrogüetto, Os Cempés, Treixadura, Ardentía, Chouteira, Luar na Lubre, ...
Con directos nos que se pode disfrutar da forza do folk tradicional, así como da variedade de timbres, tonalidades e ritmos da nosa música, da nosa poesía popular, dos vellos e novos romances, etc. Facendo das súas actuacións unha verdadeira festa na que o público se sente partícipe da mesma.
Entre Lugo e Ferrol naceu este proxecto acordeonístico que dende os seus comezos contou coa participación de moitos músicos, que sorprendentemente seguen a ser amigos. Cada un deles forma parte de Serra-lhe aí!!! a través da aportación de pezas que compoñen o repertorio do novo espectáculo co que queren recuperar a era tabernaria. O repertorio de Serra-lhe aí!!! quere ser unha homenaxe aos camiños do vento, a todos eses artistas que durante séculos levan mantendo viva a esencia da música tabernaria. O fol da gaita, os acordeóns e os metais teñen o mesmo ar, o vento mareiro do norte. Contan coa inestimable colaboración do Sindicato do Metal, e a incorporación do mestre gaiteiro Iván Costa, que deriva en dúas formacións de cinco ou nove músicos coas que o baile e a diversión están garantidos.
A viaxe que propón Serra-lhe aí!!! nos seus concertos, ten como base a música tradicional, sempre dende a perspectiva propia do grupo, que imprime nas cancións de sempre un caracter festivo e unha interpretación diferente baseada na contundencia e nas inmensas posibilidades que proporcionan dous acordeóns soando compasadamente.
Sen deixar de lado a tradición, o grupo engade unha extensa representación de composicións contemporáneas. Algúns dos referentes gaitísticos máis importantes en Galiza como, Iván Costa, Edelmiro Fernández, Dani Bellón o Andrés Toxeiro, confían as súas composicións máis arriscadas, poñéndoas a merced da creatividade do grupo, dando como resultado unha proposta que condensa o mellor da música tradicional "made in Galiza". Nos directos de Serra-lhe aí!!! flúe a comunicación entre o grupo e o público, e este é participe hasta o punto de subir ao escenario. Os concertos son sorprendentes, divertidos e sobre todo participativos, ben sexa cantando, tocando a pandeireta ou bailando. A partir do momento no que se pide a participación do público xa non hai marcha atras, e ata o imperturbable da última fila contáxiase co implacable ritmo de Serra-lhe aí!!!

Nada mellor que este grupo para garantir a esmorga. A banda, que cumpre o seu primeiro lustro, acaba de publicar o seu segundo traballo discográfico no que gañan presencia os temas propios. Un novo álbum titulado Carta branca, que conserva o espírito festivo e a musicalidade da instrumentación tradicional galega e en torno ao que xirará o concerto no Festival. Non obstante, non faltará tampouco o repaso aos temas que os impulsaron. Chegados dende o eido tradicional, o grupo Xochilmica comeza a súa andaina en Compostela no verán do 2003. Con menos dun ano de vida, o grupo Xochilmica gaña o “V Certame de Música folk de Radio Obradoiro”, feito que lle dá a posibilidade de gravar o seu primeiro disco: “5 ELEMENTOS”. O que veu despois era case imposible de imaxinar: Festival Internacional de Ortigueira, Festival Interceltique de Lorien, circuito “Artistas en Ruta”, “Celtik Fest of Chicago”... Agora Xochilmica presenta o seu segundo traballo “CARTA BRANCA”, un espectáculo de moitísima intensidade e calidade musical, que conserva toda a frescura e musicalidade da instrumentación tradicional galega, pero que aposta por unha dimensión contemporánea da música feita aquí, na Galiza.
[UNDER CONSTRUSIÓN]
|