Botan ovos e zapatos contra Blair en Dublín
Manifestantes contrarios á guerra de Iraq (2003) botaron hoxe ovos e zapatos contra Tony Blair cando o ex primeiro ministro británico chegaba a unha librería de Dublín para asinar copias do seu libro de memorias.
Emerxencia en Nova Celandia por un terremoto de 7,2 graos
O Goberno de Nova Celandia declarou hoxe o estado de urxencia e impuxo o toque de queda na cidade de Christchurch tras un sismo de 7,2 graos na escala aberta de Richter, que causou decenas de feridos e importantes danos en infraestruturas públicas e edificios no sur do país.